Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

2 de maio de 2016

Embárriate

Actividades infantís para menores nados entre o 1/01/2004 e o 31/12/2012.

Empregando o barrio como fío condutor, as nenas e os nenos realizarán actividades para fomentar o desenvolvemento da súa imaxinación e da súa capacidade creativa mediante o debuxo, o modelado, a pintutra, o teatro, a danza, etc.

Embárriate realizarase nos centros cívicos, que se enumeran a continuación, desde o 27 de xuño ao 8 de xullo, de luns a venres, en horario xeral de 10.00 a 14.00 h. Ademais, nos centros sinalados cun asterisco (*) existe posibilidade de solicitar horario complementario de 9.00 a 14.30 h.

  • Centro cívico Artesáns
  • Centro cívico Castrillón *
  • Centro cívico Cidade Vella*
  • Centro cívico Eirís*
  • Centro cívico Elviña*
  • Centro cívico Feans
  • Centro cívico Labañou*
  • Centro cívico Mesoiro*
  • Centro cívico Monelos*
  • Centro cívico Monte Alto*
  • Centro cívico Novoboandanza*
  • Centro cívico Os Mallos*
  • Centro cívico Palavea*
  • Centro cívico Rosales*
  • Centro cívico Sagrada Familia
  • Centro cívico San Diego*
  • Centro cívico San Pedro de Visma
  • Centro cívico Santa Margarida

Preinscrición

  • Días: 2, 3 e 4 de xuño.
  • Horario: de 11.00 a 13.30 h e de 16.30 a 20.00 h.
  • Lugar: centro cívico municipal no que se desexe solicitar a actividade.

Soamente se poderá presentar unha preinscrición por menor. En caso de detectarse máis dunha preinscrición para unha mesma nena ou neno, anularanse todas.

Ao final desta noticia, pódese descargar a preinscrición e o folleto informativo desta actividade.

Sorteo público

  • Día: 4 de xuño ás 20.15 h nos centros cívicos municipais.

Publicación de lista de admisións e listas de reserva:

  • Día: 14 de xuño.
  • As listas poderanse consultar nos centros cívicos municipais, no teléfono de información cidadá 010 e na web www.serviciossociales.coruna.es

Inscrición:

  • Días: 16, 17, 18 e 20 de xuño.
  • Horario: 11.00 a 13.30 h e de 16.30 a 20.00 h.
  • Lugar: centro cívico no que se obtivo a praza.

Xestión da lista de reserva:

  • A partir do 21 de xuño.

Prezo público para aboar:

  • 23, 22 €.

Documentos:

Embárriate (400 KB)

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?